Os escolares do CEIP Os Casais coñecen o funcionamento do Concello de Fene

Os escolares do CEIP Os Casais coñecen o funcionamento do Concello de Fene

Visitaron as diferentes dependencias guiados polo alcalde e a concelleira de Ensino e mesmo foron entrevistados na emisora local

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Os Casais, acompañados dos seus profesores, realizaron esta mañá unha visita á casa consistorial guiada polo alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Ensino, Juana Barro.


Querían coñecer máis sobre o funcionamento do Concello e por iso viñeron preparados cun bo número de preguntas para o alcalde, que respostou a todas elas no salón de plenos. Neste mesmo espazo, os pequenos e pequenas puideron visitar tamén a exposición do 27º certame Galicia en Foco e mesmo lles serviu para participar nunha votación na que elixiron a que consideraban a mellor imaxe.

A partir de aí, visitaron as diferentes dependencias e mesmo foron entrevistados nos estudos de Radio Fene.