O Concello adxudica as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de A Torre, en Magalofes

O Concello adxudica as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de A Torre, en Magalofes

O alcalde, Gumersindo Galego, avanza un investimento de 47.254,71 euros, co que se poderá estender o servizo de alcantarillado ao 100% das vivendas

Cun investimento de 47.254,71 euros e un prazo de execución de tres meses, o Concello de Fene vén de adxudicar as obras de ampliación da rede municipal de saneamento de augas residuais no lugar de A Torre, en Magalofes. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Gumersindo Galego, para sinalar que estas obras permitirán estender o servizo de alcantarillado ao 100% das vivendas.


Nesta liña, a actuación de ampliación en dirección norte-sur levarase a cabo dende o límite do colector existente no lugar de A Torre, de modo que se dote deste servizo á zona cualificada no planeamento como solo rústico apto para urbanizar, e posibilitando deste xeito a futura conexión de cinco vivendas sitas a maior cota que o extremo do colector.


A intervención incluirá a dotación da rede de colectores necesarios para a evacuación das augas fecais e a reposición dos firmes e pavimentos afectados pola apertura das gabias.