O Concello conclúe os traballos de limpeza do río Cádavo para previr inundacións

O Concello conclúe os traballos de limpeza do río Cádavo para previr inundacións

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, sinala que a intervención estendeuse dende o Concello ata as vivendas de Astano

O Concello de Fene vén de concluír os traballos de limpeza do río Cádavo. Así, o alcalde, Gumersindo Galego, sinalou que a intervención centrouse tanto no cauce como nas beiras do río e, con ela, búscase previr desbordamentos e inundacións, especialmente no vial da rúa da Fraga (Perlío), derivados das intensas choivas do inverno.


Así as cousas, os traballos, que contaron coa pertinente autorización de Augas de Galicia, contemplaron a limpeza das beiras e cauce do río dende o estanque do Concello ata as casas de Astano e precisaron dun investimento cercano aos 11.000 euros procedentes de fondos municipais.