San Valentín acollerá este sábado a Xornada WorkIn, que pretende concienciar sobre prevención de riscos laborais e muller con discapacidade e emprego

San Valentín acollerá este sábado a Xornada WorkIn, que pretende concienciar sobre prevención de riscos laborais e muller con discapacidade e emprego

A iniciativa, organizada pola ASCM coa colaboración da Xunta e do Concello de Fene, está aberta ao público e dará comezo ás 16,30 horas

A ASCM dentro das actividades “XMULLER= Súmate e completa a ecuación” , enmarcadas no proxecto de Iniciativa Xove financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Fene, organiza a “Xornada WorkIn” en San Valentín. Será este sábado 21 a partir das 16.30 horas.


O obxectivo da proposta é concienciar sobre a importancia da prevención dos riscos no eido laboral e visibilizar as distintas capacidades existentes no mercado de traballo. A xornada dará comezo ás 16.30 horas no Paseo de San Valentín cun desfile de uniformes profesionais inclusivos; cedidos pola empresa de roupa profesional “COMAS” e escenificado polo equipo de Voluntariado Inclusivo da ASCM. O evento continuará no CPS San Valentín cunha dinámica coach, impartida pola experta en intelixencia emocional, Sabela Naranjo. A intencionalidade é a de motivar, de xeito dinámico, das posibilidades de empoderamento da muller con discapacidade no eido laboral. A iniciativa rematará cun pequeño ágape temático, de tupper saudable, para potenciar unha dieta equilibrada, entre as/os asistentes. A iniciativa está totalmente aberta ao público e de balde.