Conclúen as obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, en Maniños

Conclúen as obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, en Maniños

A actuación, financiada con cargo ao superávit municipal, contemplou a limpeza de cunetas, pavimentación e labores de sinalización

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da conclusión das obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, no tramo entre Piqueiro e Vrea, na parroquia de Maniños. A actuación, segundo explicou o rexidor, contou cun orzamento de 24.767,09 euros e financiouse con cargo ao superávit municipal.

As obras contemplaron a limpeza de cunetas e a pavimentación do camiño ao longo de 403 metros, así como tarefas de sinalización.