A unidade móbil de doazón de sangue permanecerá no municipio dende o mércores ata o sábado

A unidade móbil de doazón de sangue permanecerá no municipio dende o mércores ata o sábado

Estará situada en Perlío, diante da asociación de veciños, mañá de 15,30 a 21 h e diante do centro de saúde de Fene, xoves e venres no mesmo horario, namentras que o sábado estará neste espazo de 10 a 15 horas

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase este mércores, 14 de novembro, a Perlío. Permanecerá na praza da escola –diante da asociación de veciños- de 15,30 a 21 horas. Así mesmo, o xoves día 15 e o venres día 16 permanecerá diante do centro de saúde no mesmo horario e, o sábado día 17, fará o propio pola mañá, de 10 a 15 horas. Nesta liña, dende o Concello anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.


A doazón é un acto cómodo, sinxelo e que non perxudica a saúde, permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. Para doar sangue só é preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue (hepatites B ou C, sífilis ou SIDA). Antes da doazón, un profesional médico do Centro de Transfusión de Galicia verifica o cumprimento destes requisitos, e realiza unha breve entrevista confidencial para descartar calquera aspecto que puidera impedir a doazón. A doazón, que só dura uns cinco minutos e na que o material utilizado é estéril e dun só uso, permite obter 450 ml de sangue que, posteriormente, son divididos en tres compoñentes: plaquetas, plasma e glóbulos vermellos. Os compoñentes sanguíneos adoitan empregarse por separado polo que, cunha única doazón de sangue, o doador colabora coa recuperación de tres enfermos