Aberta a inscrición no curso As TIC aplicadas a Empresas e Entidades

Aberta a inscrición no curso As TIC aplicadas a Empresas e Entidades

É gratuíto e celebrarase o 10 de outubro na Aula de Cultura do Concello

Baixo o título As TIC aplicadas a Empresas e Entidades, o Concello de Fene impartirá unha nova acción formativa no marco do proxecto Fene Mar Vivo. Terá lugar o vindeiro mércores, 10 de outubro, na Aula da Cultura do Concello, en horario de 19 a 22 horas. O prazo de inscrición está aberto e pode formalizarse no propio Concello ou no correo rede@fenevivo.gal. É gratuíto e no mesmo realizarase unha análise individualizada da presenza na rede de cada negocio ou entidade presente, dando pautas para actuar en función dos intereses e as necesidades de cada un.


Esta acción súmase ó curso Atención ó Cliente para o sector hostaleiro, que se impartirá esta mesma tarde no Mesón Feal de 17 a 20 horas, ou ós cursos de formación dirixidos ós responsables de cociña dos locais do municipio impartidos a semana pasada polo profesor Miguel Silvaredonda nas instalacións de Icook en Perlío.