O Concello firma os contratos das obras para a eliminación dos verquidos de augas residuais en San Valentín e protección da marxe do Cádavo

O Concello firma os contratos das obras para a eliminación dos verquidos de augas residuais en San Valentín e protección da marxe do Cádavo

O alcalde, Gumersindo Galego, suscribiu a pasada semana os contratos, paso previo para o inicio das intervencións, orzamentadas no seu conxunto en 210.840 euros Complétase así o proceso de adxudicación das actuacións, in

O alcalde, Gumersindo Galego, asinou os contratos das obras de eliminación dos verquidos de augas residuais en San Valentín, cun orzamento de 132.440 euros, e de protección da marxe do río Cádavo en Perlío, por valor de 78.420 euros. Dase así cumprimento ó paso previo para o inicio dos traballos tras pechar nas últimas semanas o proceso de adxudicación das intervencións, incluídas no POS 2017.

Nesta liña, o alcalde detalla que no caso da intervención prevista en San Valentín, o obxectivo é eliminar dous puntos de vertido de augas residuais á ría de Ferrol en San Valentín, non recollidos nas obras realizadas para a captación de augas residuais cara o bombeo recentemente executado por Augas de Galicia e detectados trala súa posta en funcionamento. Para iso prevese, dunha banda, a conexión dos ramais do antigo saneamento existente que discorre entre os bloques residenciais ó novo colector de saneamento de Augas de Galicia executado pola Avenida do Mar. E, doutra, a separación do saneamento actual que procede da rúa Tellerías e Camiño do Regueiro, mediante un novo colector de augas pluviais que se conecte ó emisario nordeste actual da ribeira.

No caso das obras en Perlío, veñen derivadas da necesidade de evitar a progresión de danos na rúa Río Cádavo nun tramo paralelo e lindante co río do mesmo nome e o obxectivo pasa pola protección das marxes do cauce, evitando maiores danos e garantindo a seguridade viaria e peonil coa instalación de novas varandas. Así, as obras contemplan traballos previos de movemento de terras na marxe dereita do río Cádavo (incluída a tala de varias árbores de beira, ameneiros); execución dun muro de coieira; reposición de pavimento e da rede de abastecemento, actualmente descolgada sobre o cauce; execución da rede de saneamento de pluviais, e instalación dunha varanda lateral de protección para evitar caídas ó río. O prazo de execución é de catro meses.