O Concello levará a cabo este venres as obras de acondicionamento da área de estacionamento de San Valentín

O Concello levará a cabo este venres as obras de acondicionamento da área de estacionamento de San Valentín

O alcalde, Gumersindo Galego, sinala que os traballos darán solución ó lamentable estado do aparcadoiro, plagado de fochancas

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello levará a cabo mañá venres as obras de acondicionamento da área de estacionamento de San Valentín, emprazada xunto ó CPI A Xunqueira, no entorno do paseo marítimo. Así, e co ánimo de causar as mínimas molestias posibles, o rexidor avanza que se estima que os traballos estén concluídos a última hora da tarde. A actuación pretende dar resposta ó avanzado estado de deterioro do aparcadoiro, plagado de fochancas que dificultan o tránsito e mesmo o estacionamento.


Trátase dun aparcadoiro moi utilizado, tanto polos pais e nais que levan e recollen a diario ós seus fillos ó centro educativo próximo, como polas persoas que disfrutan dos paseos pola zona ou realizan as súas compras nos comercios das inmediacións.

Así as cousas, o Concello atende con esta actuación unha petición trasladada tanto polo CPI como pola AVV.

Os traballos contan cun orzamento de 2.904 euros.