Exposición 27ª edición "Galicia en foco. O fotoxornalismo galego"

Galicia en Foco naceu en Ferrol no ano 1989 por iniciativa do Club de Prensa. O certame ten como obxectivo "reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia" e serve "de compilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación".