Desenrédate! Prevención nas redes sociais

Día: 9/04/2019

Hora: De 17.30 a 19.00 h

Lugar: Centro Municipal de Servizos Sociais ( Avda do Mar , Bloque 1- Baixo San Valentín – Fene.

 


O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, e agrupación de concellos de Mugardos e Neda, desenvolve   o proxecto  de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa  de Saúde na escola, subvencionado pola Consellería  de Sanidade. Neste programa se desenvolven os obradoiros de  "Desenrédate! Prevención adiccións e bo uso das TIC" .
O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na actualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude. Utilizadas adecuadamente representan unha ferramenta extraordinarias para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr.

A través de estes obradoiros, tratase de informar e formar as familias no uso sensato e responsable das redes, sendo un complemento do  programa dirixido ao alumnado de 5º e 6ºque se desenvolveu o mes pasado no  centro educativo.

Os contidos que se traballan son:

- Adicción ás TIC
- Identificamos as ameazas y riscos e aprendemos a previlos
- A violencia de xénero a través das TIC
- Boas prácticas. Uso saudable de las TIC
- Recursos dispoñibles en Internet

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal