Presentación do catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto"

O catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto" recolle boa parte das obras que se amosaron na mostra antolóxica que organizou o Concello de Fene sobre o ceramista fenés en novembro-decembro de 2017.

Ademais, inclúe textos de: Antón Cortizas, Lois Diéguez, Felipe Senén, Siro, Xaquín Marín, Mago Antón e Carme Romero. Tamén recupera vellos textos de diversos autores, referíndose á obra de Pérez Porto: Isaac Díaz Pardo, Xosé Leira Domínguez, Xaquín Lorenzo ("Xocas"), Xavier Seoane, Andrés Varela, Xavier Alcalá, Suso Torres, Manuel María, X.L. Méndez Ferrín, Xosé Martínez Oca e Xosemaría Pérez Parallé. 

As persoas que asistan ao acto recibirán un exemplar da publicación. Ao remate do mesmo, haberá unha pequena actuación musical a cargo de Francisco Pérez Porto e Carme Romero.