I Ruta Indiana, Vén a Maniños

Incluída no proxecto “Fene Mar Vivo”, consistirá en percorrer os puntos de maior interese na historia Indiana do concello nun itinerario guiado polo arquitecto Carlos Ardá e con recreacións teatrais das figuras do insigne Indiano D. Adriano e a súa esposa.

Están previstas saídas ás 11 h, ás 12,30 h, ás 16 e ás 17,30 horas para rematar diante do local da ACDR O Pote, onde se celebra a súa Festa do Pote. Así mesmo,os asistentes poderán desfrutar dunha ruta nun autobús de época. Dado que as prazas son limitadas, as persoas que queiran asistir terán que incribirse en rede@fenevivo.gal, no local da ACRD O Pote, ou chamando ó teléfono do Concello no 981 492 767.


Desde a Concellería de Turismo do Concello de Fene espérase que este acto sirva de punto de arranque para moitos máis actos de recuperación da Cultura Indiana en Fene