Acto de presentación do proxecto Fene Mar Vivo

Hora: 17.00 h

Día: 20 de decembro 2017

Lugar: Salón Plenos Concello

O obxectivo do proxecto é crear unha rede de entidades e actores sociais ligados ao sector do mar, ao turístico e ao empresarial para acadar por un lado, valorizar os produtos do mar e por outro buscar a diversificación e incluso segundas actividades ás familias do sector do mar para que poidan incorporarse a outros sectores. Para isto poñeranse en valor os recursos e patrimonio ligado ao mar co obxectivo de facelo atractivo para os visitantes de Fene e acadar comercializar o noso destino e fixar poboación.

Con este proxecto o Concello de Fene a Confraría de Pescadores de Barallobre pretenden aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación, unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.