Brincacontos na Casa da Cultura

Día: 28 decembro

Hora: 12.00 h

Lugar: Casa da Cultura Fene

Nesta actividade, titulada “Brincacontos”, sucederanse acontecementos máxicos e misteriosos. “O descubrimento da receta do mexunxe marrón de Testarrota causará unha grande disputa entre dúas poderosas bruxas. Quen acadará a enerxía que transmite este misterioso mexunxe?. Por outro lado, algo lle está a acontecer á lúa e ao sol. Serán quen de resolvelo a miñoca inxenua, o vello grilo e a formiga obreira?. Para respostar a estas preguntas, os membros de Andaravía Teatro convidan aos nenos/as de 3 a 12 anos a brincar con eles o vindeiro 28 de decembro na Casa da Cultura de Fene.