Ti serves, ti decides

Sesión dirixida a responsables de bares e restaurantes coorganizada pola área municipal de Benestar e a Fundación Alcohol y Sociedad, dentro da campaña "Ti serves, ti decides" coa que se pretende unha implicación activa da hostalaría na prevención do abuso de bebidas alcólicas e do alcolismo

O obradoiro que se celebrará o luns 20 entre as 17 e as 19.00h require confirmación previa de asistencia a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou do teléfono 981 342607 ext 2256. Serán necesarias un mínimo de 10 inscricións para que esta acción saia adiante. Todo apunta a que o número de participantes non será un inconveniente, dado que o Concello  tamén implicou na difusión da actividade á Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Fene.