Comezan os "Xogos acuáticos en familia"

Na piscina municipal de Centieiras, do 26 de decembro ao 7 de xaneiro, todos os días de apertura da instalación e durante todo o seu horario. A actividade ten un custo de 3,25€/día para unha persoa adulta (se se ten bono, computarase como 1 baño) e un máximo de 2 menores. Aforo limitado (18 persoas/hora). O horario de apertura da piscina durante o Nadal, agás festivos, será: de luns a venres, de 9.00 a 13.30 e de 16.00 a 22.00 horas; os sábados, de 9.15 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas; e os domingos, de 9.15 a 13.00 horas.