Dixomedíxomes

Museo do Humor   Dixomedíxomes
21-09-2018

Xaquín Marín presenta Tonecho este luns no Museo do Humor

No mesmo acto, que principiará ás 20 horas con entrada libre, o escritor e xornalista Félix Caballero Wangüemert presentará a súa obra X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego

O Museo do Humor de Fene, a segunda casa de Xaquín Marín, será escenario este luns, 24 de setembro, do acto de presentación da súa última publicación, Tonecho, pero tamén da obra X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego, de Félix Caballero Wangüemert, un libro definitivo sobre un dos artistas galegos fundamentais da historia de Galicia. Con entrada libre, o acto dará comezo ás 20 horas e, nel, Marín e Caballero estarán acompañados polo director de Galaxia, Francisco Castro, e polo alcalde de Fene, Gumersindo Galego.
 
11-09-2018

Novos horarios na Casa da Cultura

O Concello informa da ampliación dos horarios a partir deste mércores

O Concello de Fene ven de informar da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporais- a partir deste mércores, 12 de setembro.
05-09-2018

Os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales presentan en Fene os seus “Contrastes”

A mostra inaugurada este martes poderá visitarse ata o 28 de setembro na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor con entrada de balde. De luns a venres de 10 a 14,15 horas ata o 11 de setembro e, a partir de entón, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 h e os sábados de 10 a 13 h. 
03-09-2018

Manuel Barro e Rafael Nadales traen á Casa da Cultura de Fene os seus “Contrastes”

O acto de inauguración, aberto á veciñanza, celebrarase este martes ás 12 h na Casa da Cultura

Baixo o título “Contrastes”, os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales traen a Fene algunhas das súas mellores obras pictóricas e escultóricas. Unha mostra imprescindible que o público poderá apreciar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor do municipio. O acto de inauguración terá lugar mañá martes, 4 de setembro, a partir das 12 horas.
02-08-2018

Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición de pintura “Introproxección”

 A pintora Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición “Introproxección”. Será este venres, 3 de agosto, a partir das 12 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor. Con entrada libre, no acto tomará a palabra a artista, así como a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e o alcalde, Gumersindo Galego.

04-07-2018

Inaugurada en Fene a exposición “Cores. O reflexo da alegría de vivir” de Flor Taracido

A mostra poderá visitarse ata finais de mes de luns a venres de 10 a 14,15 h

Acompañada do alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e arroupada por numeroso público, a artista Flor Taracido inaugurou onte á tarde a súa exposición de pintura “Cores. O reflexo da alegría de vivir” na Casa da Cultura-Museo do Humor. Alí poderá visitarse durante todo o mes, de luns a venres de 10 a 14,15 horas.
02-07-2018

A pintora Flor Taracido trae á Casa da Cultura de Fene “Cores. O reflexo da alegría de vivir”

A artista estará acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego, e a edil de Cultura, Rocío Bértoa, na inauguración da mostra, este martes ás 20 h

“Cores. O reflexo da alegría de vivir” é o título da nova exposición que albergará a Casa da Cultura-Museo do Humor durante todo o mes de xullo. Unha mostra coas creacións da pintora ferrolá Flor Taracido que este martes, 3 de xullo, abre as súas portas en Fene. Será nun acto de inauguración presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, que arrancará ás 20 horas con entrada libre.
29-06-2018

Fernando Iglesias Mouta e Ana Martínez Fernández, gañadores do XXII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

O xurado destaca a calidade dos traballos presentados e avanza que o Museo do Humor albergará no mes de outubro unha mostra cunha selección destes

Tras unhas deliberacións ben reñidas pola extraordinaria calidade dos traballos presentados, o xurado do XXII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Fernando Iglesias Mouta resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) e Ana Martínez Fernández era galardoada co primeiro premio da Curuxa Nova (menores de 25). Así mesmo, Manuel Arriaga de León e Cristián Fojón Caruncho alzábanse co segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente.
18-06-2018

O alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene amosa o seu talento creativo na mostra “Pequenas crianzas coa arte”

Poderá visitarse na Casa da Cultura dende mañá martes e ata o 29 de xuño, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 20 h e os sábados de 10 a 13 h

Os nenos e nenas da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene son uns auténticos artistas e, a partir de mañá martes, 19 de xuño, a veciñanza poderá comprobalo na Casa da Cultura do municipio.
 
13-06-2018

Éxito de convocatoria con 86 debuxos presentados ó Concurso Curuxa do Humor

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, destaca a cifra, que se incrementa notablemente respecto á edición de 2017

O xurado, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e coa participación dos humoristas gráficos Borja Ramón López Cotelo, Andrés Simal González e Kiko Da Silva, emitirá o seu fallo o día 29 de xuño