Curuxas 2022

Museo do Humor   Exposicións   Curuxas 2022

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2022. A exposición consta de 57 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Héroe”, de Ricardo Olivera Almozara, "Fritz" (1º premio na categoría Curuxa), "Corrente de altura”, de Manuel Alejandro Vázquez Búa (2º premio na categoría Curuxa),  “Amor en tempos de inflación”, de Pedro Bouza Bernárdez (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Gamers”, de Andrés Chinchilla Argibay (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "S/T" (Curuxa), de Omar Alberto Figueroa Turcios, “Terra de nada” (Curuxa), de Bea Gregores, "Neoneolítico" (Curuxa Nova), de Lucía Rodríguez Cid, e "A neo caverna de Platón" (Curuxa Nova), de Luciano Ripio Molina.