Selección dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2017. Aínda que a exposición consta de 45 debuxos, salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón” (1º premio na categoría Curuxa), Andrés Meixide Gayoso (2º premio na categoría Curuxa), Andrés Simal González (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Andrés Garrido Martín (2º premio na categoría Curuxa Nova).














































_CUR_2017.jpg)


_CUR_2017.jpg)




_CUR_NOVA_2017.jpg)

