As inscricións realizaranse do 4 ao 6 de outubro, nas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín. Para poder matricularse será imprescindible solicitar cita previa os días 3 e 4 de outubro.
Visita a cargo do comisario da mostra, Francisco Oti. Na sala de exposicións temporais do Museo do Humor Xaquín Marín, o xoves 5 de outubro ás 19 horas. Aberta ao público en xeral.