Coincidindo coa entrega dos Premios Curuxa 2021, o venres 5 de novembro, a partir das 20.00 horas, actúa o presentador, actor e monologuista Duarte Galbán no Museo do Humor (ciclo "Novembro, mes do humor"). Espectáculo: Vello aos vinte e pico. Entrada de balde con aforo limitado.