16-10-2025

Contando Ciencia

Na Casa da Cultura, un xoves ao mes e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta. Ciclo organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Coordina a mestra Violeta Miraz Seco.

12-11-2025

Novembro, mes do humor

Ciclo de monólogos que organiza o Museo do Humor para conmemorar o seu aniversario. Funcións os venres ás 20.00 horas. Entrada con invitación.

21-11-2025

Doa sangue

Este venres, 21 de novembro de 15:30 a 21:00 h a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará diante do Centro de Saúde de Fene para que poidas doar sangue.  Máis información: 900 100 828.

21-11-2025

Roi da Costa no Novembro, mes do humor

A entrada ao espectáculo será de balde, con invitación que se poderá recoller (máximo dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene ese mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.