27-05-2025

Programa de Prevención “Convivencia. Círculos de diálogo”

Alumnado de 2º e 3º da ESO do IES de Fene e do CPI A Xunqueira está a participar no programa de prevención de condutas aditivas “Convivencia. Círculos de diálogo” que organizan os Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade tamén se está a desenvolver no IES Mugardos e no CPR Loyola co obxectivo de dar a coñecer os círculos de diálogo como ferramenta para mellorar a convivencia nas aulas.
20-05-2025

O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “Menores e tecnoloxía. O gran reto das familias”

Sobre os menores e a tecnoloxía falaremos o luns 26 de maio ás 18.30 h na derrareira sesión das charlas para familias "Máis que un teito" , organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda.
15-05-2025

O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “sexualidade das/os menores”

Actuación encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información referida a hipersexualización das/os menores nas distintas APPs, video xogos e redes sociais en xeral. Analizaranse as consecuencias tales como as repercusións na saúde mental e o aumento de enfermidades de transmisión sexual.

Estas e moitas outras cuestións  abordaranse o vindeiro luns, 19 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Sara Rodríguez, formadora do Plan Director. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30).
09-05-2025

O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema "Coidarme para poder educar"

Os coidados, dar e recibir, a xestión do estrés, o autocoidado e a autoestima. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 12 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30)
02-05-2025

As familias e a relación coas adiccións dos fillos, tema dunha nova sesión do programa Máis que un teito

A supervisión familiar, normas e límites efectivos con respecto ao lecer, información sobre drogas ou a mellora da comunicacións cos adolescentes. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 5 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Rebeca Graña Torralba, educadora social. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse indicando se se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30)
23-04-2025

Coidarme para poder educar, tema dunha nova sesión do programa Máis que un teito

Os coidados, dar e recibir, a xestión do estrés, o autocoidado e a autoestima. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 28 de abril, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse até o venres 25 de abril, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30)
14-04-2025

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2024 , a través da Subvencións a Concellos e entidades locais para o financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2024, a través da Subvencións a Concellos e entidades locais para o financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios nos seguintes módulos:

Persoal administrativo: 18.000,00€
Persoal técnico A2: 22.000,00€
Persoal técnico A2: 22.000,00€
Persoal auxiliar Saf. Horas concedidas: 5688,17 horas e un total de 79.634,38€

O total da subvención ascendeu a 141.634,38€
07-04-2025

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para mañá martes 8 de abril 2025 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA deJOSEFA de 76 anos veciña de Bolo (Ourense)
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
03-04-2025

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2024 , a través do POS+ADICIONAL 1/2024 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios con 72.027,64€

28-03-2025

Prevención ou abordaxe de conflitos nas familias, tema dunha nova sesión do programa "Máis que un teito"

Que é un conflito, diferentes formas para resolvelo, como axudar ás crianzas a resolver un conflito ou ferramentas a utilizar na resolución de conflitos tendo en conta a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 31 de marzo, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda.
A sesión será impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con entrada libre e de balde ate completar o aforo, aínda que, no caso de precisar servizo de conciliación para atender ás crianzas, cómpre anotarse.