Convocatorias

04-07-2025 -

Lista definitiva admitidos/as e excluídos/as lista de aspirantes enxeñeiro/a de camiños

Anuncio lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para o nomeamento como funcionario/a interino/a de postos/prazas de enxeñeiro/a de camiños, canles e portos (grupo: A; subgrupo: A1; escala: administración especial; subescala: técnica) do Concello de Fene. 
04-07-2025 -

Lista de candidatos/as e contratación APROL 2025

Anuncio lista de candidatos/as e contratación, no marco do programa APROL 2025, de persoal laboral temporal do Concello de Fene como peón forestal, para a realización da obra ou servizo denominado “Traballos de mantemento forestal”, durante 9 meses a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral.
04-07-2025 -

Anuncio BOP lista definitiva de persoas admitidas/excluídas no proceso selectivo administrativo/a

Anuncio BOP núm. 126 do 04.07.25, lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a cobertura por oposición libre e mediante persoal funcionario de carreira, de dúas vacantes de administrativo/a incluídas na OEP do Concello de Fene dos anos 2021 e 2022.
03-07-2025 -

Contratación de persoal laboral temporal traballadora social

Anuncio contratación de persoal laboral temporal, a xornada completa, na categoría de traballadora social, mediante contrato de duración determinada para a substitución da persoa titular do posto.
02-07-2025 -

Lista de candidatos/as e contratación auxiliar administrativo/a biblioteca PEL 2025

Anuncio lista de candidatos/as e contratación como persoal laboral temporal para auxiliar administrativa de biblioteca a xornada completa por un período de 6 meses para a realización do Programa de integración laboral PEL 2025, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.
02-07-2025 -

Bases e convocatoria proceso selectivo dúas prazas de peón/a de limpeza viaria

Anuncio BOP núm. 124 do 02.07.25, bases e convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, de dúas (2) prazas de peón/peoa de limpeza viaria.
02-07-2025 -

Anuncio nomeamento de funcionario interino administrativo

Anuncio nomeamento de funcionario interino para desempeñar temporalmente unha praza do grupo: C; subgrupo: C1; escala: administración xeral; subescala: administrativa; denominación: administrativo/a correspondente ao código (...) da RPT; que se atopa vacante por excedencia voluntaria de funcionario/a de carreira municipal.
02-07-2025 -

Anuncio BOP nomeamento de funcionario de carreira oficial de obras

Nomeamento de funcionario de carreira dunha praza de oficial de obras, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, incluída na OEP 2021.
30-06-2025 -

Anuncio resultado final PEL 2025 auxiliar administrativo/a de Biblioteca

Anuncio resultado final do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/unha auxiliar administrativo/a de Biblioteca, mediante o sistema de concurso-oposición para a realización do Plan de Emprego Local, mediante a execución de obras e servizos municipais, financiado pola Deputación da Coruña.
27-06-2025 -

Resultado selección contratación peóns/peoas forestais APROL RURAL

Anuncio resultado do proceso de selección para a contratación laboral temporal de dous/dúas (2) traballadores/as (peóns/peoas forestais) mediante oposición ao abeiro do programa APROL RURAL.