Novas

01-09-2025

As pinturas expresionistas e surrealistas de Daniel Mouriz inundan de cor a Casa da Cultura de Fene

“Ao descuberto” é o título da exposición que o pintor ferrolán Daniel Mouriz amosa desde este martes na Casa da Cultura de Fene. A mostra recolle máis de 50 obras nas que o autor desprega a súa visión abstracta da realidade, a través de estruturas expresionistas e surrealistas. Nalgunhas obras, aplícanse elementos minerais e vexetais, así coma materiais reciclados, tales coma papel, cartón, madeira, plástico, principalmente sobre lenzo, pero tamén sobre vidro e cartulina montada en cartón pluma.
27-08-2025

Teatro ao cubo na Romaría do Pote de Maniños

A tradicional Romaría do Pote que organiza a ACRD O Pote de Maniños, celébrase este domingo, 31 de agosto. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia para ese día o espectáculo Ghop!, de Teatro ao cubo. A función, dirixida a todos os públicos, comezará na asociación ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde.
25-08-2025

As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 9 de setembro

A Concellaría de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 9 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 9 e 10 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: Do 11 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
 
 
29-07-2025

O Concello de Fene leva a Familia Caamagno ao Festival Felicia Pop

A piques de comezar o Festival Felicia Pop, que organiza a AC Felicia, a Concellería de Cultura coa colaboración do programa Cultura no Camiño (Agadic-Xunta de Galicia), anuncia para este sábado, 2 de agosto, un concerto de Familia Caamagno. O espectáculo, no que presentarán “O mundo está derrotado”, comezará no Parque da Hortiña ás 13.30 horas, con entrada libre e de balde.
28-07-2025

The Shesters Moc Moc, Peter Punk Pallaso e Sempre Arriba no Perla Mural Fest

A Concellería de Cultura de Fene anuncia para esta semana en Perlío tres espectáculos programados ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña e no marco do Perla Mural Fest. A primeira cita será mañá martes na Praza da Escola-AVV Perlío, con The Shesters Moc Moc, levando a escea La Chimba. O mércores o protagonista será Peter Punk Pallaso, con A Chungatrona, actuación que se desenvolverá na Praza Verde, e o xoves actuará o grupo Sempre Arriba na Pista Municipal de Centieiras, con Cést pas possible. Todas as funcións serán ás 20.30 horas con entrada libre e de balde. No caso de choiva, as actuacións dos días 29 e 30 de xullo trasladaranse á pista de Centieiras. 
23-07-2025

A deputada provincial de Cultura visita Fene para avanzar na colaboración co tecido asociativo local

A deputada provincial de Cultura, Natividade González, visitou o Concello de Fene, onde mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa, Sandra Permuy; o concelleiro de Cultura, Justo Ardá; e a tamén deputada provincial de Plans, Cristina García. O encontro tivo como principal obxectivo explorar novas vías de colaboración para que as entidades culturais municipais poidan aproveitar ao máximo os recursos e programas provinciais.
10-07-2025

Fene honra o Día da Patria Galega cun acto institucional marcado pola memoria, a identidade e o legado de Castelao e as cantareiras

O Concello de Fene acolleu este serán o acto institucional central con motivo do Día da Patria Galega, nunha xornada de reflexión e reivindicación arredor da identidade galega, da man da alcaldesa Sandra Permuy e da cantareira Gisela Sanmartín, quen asinou a intervención institucional convidada neste 2025. O acto forma parte do ciclo “Xullo, mes da Patria”, coa que Fene se suma á celebración do 25 de xullo poñendo en valor a lingua, a cultura e a historia de Galiza.
10-07-2025

Acto institucional, concertos e festival de habaneras para pechar o ciclo Xullo, mes da Patria

A fenesa Gisela Sanmartín Novo, directora do grupo de cantareiras Xirifeiras de Airiños de Fene e presidenta da Asociación de Tocadoras Galegas Somos Pandeireteiras é a autora e será a encargada de ler esta tarde a declaración institucional do Concello de Fene polo Día da Patria Galega. O acto, presidido pola alcaldesa, Sandra Permuy, comezará ás 20 horas no Parque Liñal do Río Cádavo, a carón do monumento 25 de xullo. Tamén participará o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e no acompañamento musical, unha representación do grupo Xirifeiras. Tamén este xoves, a partir das 21 horas, a actividade do ciclo “Xullo, mes da Patria” trasládase á praza do alcalde Ramón J. Souto González cos concertos de Ulex e De Ninghures. E mañá venres, no mesmo espazo, concluirá o ciclo co Festival de habaneras e canto coral.
08-07-2025

Humor con Federico Pérez e concertos de Ulex e De ninghures no ciclo Xullo, mes da Patria

Continúa o ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene para conmemorar o Día da Patria Galega. A xornada deste mércores, 9 de xullo, estará adicada ao humor co monologuista e actor Federico Pérez. O espectáculo, titulado Xa que o sabes, voucho contar (e cantar), comezará ás 21.30 horas na praza do alcalde Ramón J. Souto González con entrada gratuíta. Recollida de invitacións para asistir ao mónólogo na Casa da Cultura, o martes e o mércores pola mañá, ou o mesmo día da función, de 19.30 a 20.30 horas na propia praza, ata fin de existencias (aforo limitado). Apertura de portas ás 21.00 horas. Función programada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación.
07-07-2025

A praza do CPS de San Valentín acolle este martes o espectáculo Historias para escagharriñarse, de Teatro Ghazafelhos

As actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” que organiza a Concellería de Cultura de Fene, continúan este martes, 8 de xullo, con Teatro Ghazafelhos e as súas Historias para escagharriñarse. O espectáculo representarase na praza ubicada entre os bloques 11 e 12 de San Valentín, a carón do CPS, a partir das 21.00 horas. Entrada libre e de balde. Espectáculo para todos os públicos.