Actívase unha alerta laranxa por fortes ventos en zonas da Coruña e Lugo
11-02-2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun novo episodio de meteoroloxía adversa de nivel LARANXA por ventos, que afectará ao Noroeste da Coruña e á Mariña de Lugo desde a media mañá do 11/02/2026, podendo acadarse refachos de ata 100 km/h.
Mantente informado en todo momento a través de fontes oficiais.