Cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de oficial sepultureiro/a

Cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de oficial sepultureiro/a

Publicado no BOP do 10/05/2022 as bases que teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de oficial sepultureiro/a que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e ten sido obxecto de inclusión na súa oferta de emprego público correspondente á taxa adicional de estabilización de emprego temporal do ano 2020.

O sistema selectivo empregado será o concurso-oposición

 

As persoas interesadas en participar na convocatoria e proceso selectivo deberán presentar, segundo o modelo que figura como Anexo I destas bases, instancia dirixida ao alcalde no Rexistro Xeral do concello ou na forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015).

O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a inadmisión da persoa aspirante no proceso selectivo.

ACTUALIZACIÓN 13/06/2022 Anuncio da convocatoria no DOG aquí

ACTUALIZACIÓN 23/06/20. ANUNCIO BOE 

Ligazóns