Horarios tempada 2020-2021

Horarios tempada 2020-2021

A Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento do pavillón polideportivo da Xunqueira en San Valentín e do Ramo durante toda a tempada 2020/2021.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes de adestramento nos pavillóns polideportivos de O Ramo (Barallobre) e A Xunqueira (San Valentín) para equipos de fóra do Concello de Fene, asociacións e particulares; achégase o horario de adestramento, confeccionado segundo as solicitudes recibidas e o Regulamento de Réxime Interior de Instalacións Deportivas do Concello de Fene.

Como noutros anos, os ocos que queden libres poden ser solicitados ao longo da tempada no Pavillón polideportivo da Xunqueira. Telf. 981 492 804. O que cambia neste 2020 é a obriga de extremar as medidas preventivas ante posibles contaxios da COVID 19, para iso elaboráronse protocolos específicos que complementan as medidas sanitarias establecidas e que poden descargarse ao pé desta nova. 

Descargas