Esgotadas as entradas para o espectáculo “Circo de lume” de Asacocirco

Esgotadas as entradas para o espectáculo “Circo de lume” de Asacocirco

Xa non quedan entradas para a primeira función do ciclo Cultura no Camiño que terá
lugar este sábado ás 22 horas nas inmediacións do CPS de San Valentín. A Concellería de Cultura lembra que para acceder ao espectáculo “Circo de lume”, de Asacocirco, os/as asistentes deberán presentarse con tempo suficiente de antelació á hora fixada para o comezo do mesmo (recoméndase acudir polo menos con media
hora de antelación). O motivo é que a reserva de entradas perderá vixencia se non se está na fila de entrada 15 minutos antes do inicio da función. A partir dese momento admitirase a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible.


Circo de lume é “un espectáculo de acción pura que pretende manter a atención ao 100% e impresionar ao público. Consta de números emocionantes, que mesturan técnicas de baile con malabares, manipulación, “pirofagia”, humor e contacto directo
co público. Os artífices desta función, Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con máis de 13 anos de adestramento, fan que este espectáculo brille con efectos visuais impresionantes e con seguridade, dignificando así o motivo dos actos con lume. Espectáculo para todos os públicos ideal para a noite”.


Trala actuación deste sábado de Asacocirco, o ciclo Cultura no Camiño de Fene continuará o venres 25, ás 22 horas, na Praza do Concello baixo carpa * co monologuista David Amor e o seu espectáculo Love está en el aire. O ciclo concluirá cun concerto de O Sonoro Maxín, con De navallas e cumbias, o sábado 26 de setembro ás 22 horas baixo carpa na Praza do Concello* Námbolos dous casos, a Concellería de Cultura informará a través da páxina www.fene.gal o día no se se porán a disposición do público as entradas para asistir aos espectáculos.


Cultura no camiño é un ciclo promovido pola AGADIC co patrocinio de Gadis, Marca Galicia, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Fene.

* por razóns organizativas e sanitarias os espectaculos dos días 25 e 26 de setembro cunha programación inicial noutras localizacións realizaranse finalmente baixo carpa na Praza do Concello.