Último día para inscribirse no programa “Mocidade activa”

Último día para inscribirse no programa “Mocidade activa”

Pilotaxe de drons, fútbol burbulla, fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidade maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser. Son as actividades que este ano ofertan os Concellos de Fene, Mugardos e Neda no marco do programa Mocidade Activa, dirixido a rapaces/zas de 11 a 16 anos. Os/as interesados/as en participar deben enviar a súa solicitude, hoxe como último día, ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene por correo electrónico servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, entregala de forma presencial, previa cita nos teléfonos 981342607 / 981492706 (de luns a venres, de 10.00h a 14.00h).

As prazas cubriranse por orde de inscricións e unha vez formados os grupos (que deberán contar cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 12), especificaranse os horario e espazos que acollerán cada unha das actividades. O programa desenvolverase do 15 de xullo ao 15 de agosto, con sesión de dúas horas e media, entre as 11.00 e as 13.30 horas.

“Mocidade Activa” encádrase no “Proxecto de prevención de condutas aditivas” e está subvencionado pola Consellería de Sanidade. O seu obxectivo é“favorecer a cohesión social do grupo mediante os obradoiros nos que se reflexiona e sensibiliza sobre as adicións con sustancias ou comportamentais, por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión”.

Para máis información cómpre dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín). Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607. Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal