Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 05.01.2022 ás 09.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta do pleno ordinario do 02.12.2021
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1432/2021 á 1638/2021
3. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do PP en defensa do marco de convivencia e do autogoberno de Galicia.
4. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía da execución da sentenza 00285/2021, do 12.05.2021, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección 1ª respecto da solicitude de compatibilidade para o exercicio da avogacia solicitada.
5. Mocións urxentes
6. Rogos e preguntas