Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 02.12.2021 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

 

Aprobación, se procede, da acta do pleno ordinario do 04.11.2021

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1275/2021 á 1431/2021

Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao terceiro trimestre do exercicio 2021

Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao terceiro trimestre do exercicio 2021

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora das axudas económicas municipais para a atención de necesidades sociais.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de corrección de erros da 3ª modificación da RPT do Concello de Fene.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a delimitación dos núcleos rurais de Os Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre a situación actual do sector lácteo galego.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Popular en apoio do sector lácteo en Galicia.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación da hora da sesión ordinaria do Pleno de xaneiro 2022

Mocións urxentes

Rogos e preguntas