Día: 29 de xullo

Hora: 19.00 h

Lugar: casa da cultura Fene

Proxección do documentario "Noite Irisada", peza dirixida por Bea V. Campaña que recolle a loita polos dereitos das persoas diversas sexualmente con testemuñas das protagonistas, o que constitúe o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega.

A película recolle a historia "dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador con data de referencia do 28 de xuño de 1981 que foi cando se desenvolveu en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego. Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana Pérez, Braulio Vilariño"Lalo", Eli Pérez, Xabier Maañón, xunto á poeta Lucía Aldao ou a estudosa Mariam Mariño protagonizan o documental "Noite Irisada".