Conferencia sobre a Preadolescencia e a adolescencia: entender para poder conectar

O luns 17 de marzo ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Fene. Encontro aberto ás familias, Anpas e representantes de entidades sociais (con inscrición previa) e dirixido pola psicóloga e educadora de disciplina positiva Andrea Bechlian.

Organizan: Servizos sociais de Fene, Mugardos e Neda, no marco do programa de prevención de condutas aditivas "Máis que un teito"