02-03-2021

Inscrición praza conserxe

Aberto o prazo no proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de conserxe incluída na OEP do Concello de Fene do ano 2019.

02-03-2021

Exposición de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

A exposición de pintura de Julia Pita amosarase do 2 ao 30 de marzo na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene, A Coruña). Horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Durante a Semana Santa -dias 28, 29 e 30 de marzo- o horario da sala de exposicións será, unicamente, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.