Visita do alumnado do colexio Cristo Rey de Ferrol ao Museo do Humor de Fene

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

Os centros educativos e asociacións interesadas en solicitar unha visita guiada poden facelo no 981 34 24 00 ou correo museodohumor@gmail.com

Alumnos e alumnas de cuarto curso de Educación Primaria do colexio Cristo Rey de Ferrol participaron a semana pasada nunha visita guiada ao Museo do Humor de Fene. Unha iniciativa que se enmarca no programa de visitas guiadas que ofrece o Concello de Fene para grupos escolares, asociacións ou colectivos.

Estas visitas poden tamén complementarse con algunha proxección audiovisual e/ou taller. A duración das mesmas varía en función da idade dos/as participantes e prográmanse de luns a venres en horario de mañá.

Son gratuítas e, para reservar unha visita guiada ao Museo do Humor de Fene, cómpre chamar ao teléfono 981 342 400 (de luns a venres en horario de 8 a 14 horas) ou enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@gmail.com.