Av@s e net@s participaron no obradoiro de fotografía co móbil e, moz@s, no de retrato

Museo do Humor   Noticias  

A fotógrafa Malena Carballo foi a encargada de guiar o pasado xoves o obradoiro de fotografía co móbil organizado polo Concello de Fene no marco da programación cultural de Nadal. Ía dirixido a un público moi especial, xa que @s participantes foron av@s e net@s, que compartiron xuntos tempo de lecer aprendendo uns dos outros. Nel, achegáronse ás normas básicas de composición e coñeceron trucos para facer mellores fotos co móbil.
 

Así mesmo, ao día seguinte, venres, Ladislau da Regueira impartía o obradoiro de retrato para mozos e mozas de entre 9 e 13 anos incluído tamén na programación cultural municipal de Nadal. Tod@s eles/as traballaron sobre as proporcións no retrato, realizaron un autorretrato e, ao final, fixeron un pequeno collage combinando debuxo e fotografía de revistas.