O Concello convida á veciñanza ó acto de presentación dos vídeos promocionais do proxecto Fene, Mar Vivo

Inicio   Fene hoxe  

A cita, presidida polo alcalde, Gumersindo Galego, terá lugar este sábado ás 19 h no salón de actos do C.M.I. Unidade de Fene

O salón de actos do C.M.I. Unidade de Fene será escenario este sábado, 17 de novembro, do acto de presentación dos audiovisuais de promoción turística do municipio elaborados ó abeiro do proxecto Fene, Mar Vivo. Un acto que dará comezo ás 19 horas presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e coa participación do edil de área, Juan José Franco.


No mesmo, entregaranse tamén as placas da Rede Fene Vivo ás entidades colaboradoras do proxecto e, como broche de ouro, farase entrega a todos os asistentes das guías de artes e especies.


Por último, dende o Concello convídase á veciñanza a tomar parte no acto, con entrada libre.