A oficina de turismo de Fene abre as súas portas

Inicio   Fene hoxe  

O pasado sábado 15 de febreiro abriu ao público a oficina de turismo do xeodestino Ferrolterrra-Rías Altas, dende a cal se facilita información dos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche,Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior, así como se procura a coordinación cos puntos de información turística existentes nestes concellos.
 
Dende o 15 de xullo ata o 14 de setembro o funcionamento habitual deste servizo será na oficina de turismo de Fene, sita na avda naturais s/n,  en horario de martes a domingo de 10:30 a 13:50 e de martes a sábado de 17:00 a 20:30.

Unha técnica superior en información turística contratada pola Mancomunidade De Concellos de Ferrol a través dunha subvención da Axencia Turismo de Galicia estará ao frente da oficina.


O servizo tamén funcionará de maneira itinerante durante eventos puntuais de interese turístico noutros municipios do Xeodestino.
 

Ligazóns