Novas

04-05-2018 -

Fene homenaxea este sábado ás lavandeiras de Sillobre recreando o seu sacrificado traballo

Fene celebrará este sábado, 5 de maio, a quinta edición do Encontro das Lavandeiras de Sillobre. Unha auténtica homenaxe ás veciñas que realizaban este sacrificado traballo.
03-05-2018 -

A pintora local Beatriz Seijo inaugura a súa “Retrospectiva” este venres en Fene

Tras varios anos sen expoñer no seu Fene natal, a pintora Beatriz Seijo inaugura este venres ás 20 horas a mostra “Retrospectiva”. Un acto no que estará acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e ó que está convidada toda a veciñanza.
02-05-2018 -

A pintora fenesa Yolanda Vizoso cede ó Concello unha das obras da súa exposición “Las mujeres”

O Concello de Fene vén de incorporar ós seus fondos unha das obras da pintora fenesa Yolanda Vizoso. Foi o alcalde, Gumersindo Galego, o encargado de recepcionar o cadro de mans da artista, que se mostraba feliz de entregar este traballo ó Concello. A obra, que a partir dagora lucirá na casa consistorial, formou
parte da exposición “Las mujeres”, que permaneceu durante o mes de abril na Casa da Cultura.
02-05-2018 -

O Concello promove obradoiros de educación alimentaria nos centros escolares de Fene

Conseguir a adopción de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre alimentación, ademáis de concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e os problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e bebidas e o sedentarismo son os obxectivos dos obradoiros de educación alimentaria “Balancéate!” que organizará ó longo do mes de maio o Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, e coa colaboración de centros educativos e ANPAS.
30-04-2018 -

O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio con Pakolas en concerto

O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio, mes das letras, cunha proposta dirixida especialmente ós máis pequenos da casa: “Pakolas en concerto”. Un espectáculo que dará comezo este mércores, 2 de maio, ás 18 horas na Casa da Cultura. A edil de área, Rocío Bértoa, sinala que a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo e convida á veciñanza a tomar parte nela.
27-04-2018 -

Fene celebra o Mes das Letras con concertos, contacontos, monólogos e pintura

Concertos, recitais, contacontos, monólogos, audiovisuais e pintura son algunhas das propostas da programación cultural que ofrecerá o Concello de Fene ó longo do mes de maio, mes das letras no municipio cunha especial atención á conmemoración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno. 
25-04-2018 -

O Concello de Fene celebra este sábado a súa Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais

Máis de 500 palilleiras chegadas de toda Galicia amosarán a súa técnica e traballo no pavillón de San Valentín a partir das 11,30 horas. A cita contará con medio centenar de postos de venda de artesanía e o programa inclúe as actuacións das formacións fenesas Xirifeiras e TradiCoro.
24-04-2018 -

Arredor de 600 nenos tomarán parte nas Xornadas de Xogos Populares Escolares

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, organiza un ano máis as Xornadas de Xogos Populares Escolares. Celebraranse este mércores 25 de abril e o xoves 26 e nelas tomarán parte arredor de 600 escolares do municipio.
19-04-2018 -

II Torneo de ximnasia artística feminina Concello de Fene

Ao redor de 100 nenas do Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra tomarán parte este domingo no 2º Torneo de Ximnasia Artística Feminina “Concello de Fene”, evento organizado polo Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra e pola Concellería de Deportes de Fene.  A competición terá lugar no pavillón “A Xunqueira” de San Valentín o domingo de 10.00 a 14.00 h.
18-04-2018 -

Actuación de Trinketrinke para conmemorar o Día do Libro na Biblioteca Municipal de Fene

Cun contacontos teatral, titulado “Avós”, o Concello de Fene conmemora este venres  20 de abril, o Día do Libro. A función, prevista para as 18 horas, terá lugar na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé e correrá a cargo da popular compañía Trinketrinke.