Novas

27-12-2019

O Gran Pedrini trae á Casa da Cultura o seu espectáculo “Coas mans na maxia”

O Concello de Fene porá este luns 30 de decembro o broche de ouro á programación cultural do ano 2019 con maxia. O Gran Pedrini ofrecerá no salón de actos da Casa da Cultura o seu espectáculo “Coas mans na maxia”, a partir das 12 horas e dirixido a un público familiar. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
26-12-2019

XIX Festival de Panxoliñas este domingo na Igrexa Grande de Maniños

A Igrexa Grande de Maniños acollerá este domingo 29 de decembro o XIX Festival de Panxoliñas. Unha cita prevista inicialmente para a pasada fin de semana, pero que foi aprazada por mor da alerta vermella. Así, retomarase este domingo a partir das 20 horas.
26-12-2019

A programación cultural de Nadal continúa este venres con O Libro Máxico e a proposta Rock entre pais e fillos

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este venres 27 de decembro o espectáculo “O Libro Máxico”, dirixido a un público familiar e infantil de entre 5 e 10 anos. Incluído na programación cultural municipal, a edil de área, Rocío Bértoa, sinala que a función dará comezo ás 12 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.Ademais, pola tarde, a partir das 19 horas e no local social do CCRD de Perlío, celebrarase o concerto Rock entre pais e fillos.
23-12-2019

Baobab Teatro trae este xoves á Casa da Cultura de Fene a súa obra “Puño Puñete”

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este xoves 26 de decembro, a partir das 12 horas, a función “Puño Puñete”, a cargo de Baobab Teatro. Dirixida a un público familiar e infantil de entre 1 e 9 anos, a entrada é libre e de balde ata completar o aforo. Incluída na programación cultural de Nadal deseñada pola Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa, propón unha viaxe a través das palabras e da música, rescatando ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos.
20-12-2019

Nenas e nenos xa poden depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón real instalado na casa consistorial

No día de hoxe, os paxes dos Reis Magos instalaron na casa consistorial de Fene un buzón real para que as nenas e nenos do municipio poidan depositar as súas cartas. Nesta liña, o Concello anima aos máis pequenos a escribir as súas peticións e desexos e entregar as misivas xa que, nos próximos días, serán recollidas polos mesmos paxes para a súa entrega aos Reis Magos.
20-12-2019

A Igrexa de Maniños será escenario este sábado do XIX Festival de Panxoliñas

As citas musicais de Nadal continuarán este sábado 21 de decembro na Igrexa Grande de Maniños. A partir das 20 horas, o templo será escenario do XIX Festival de Panxoliñas. Con entrada libre e aforo limitado, tomarán parte no mesmo o Tradicoro, Rondalla Perla del Río, Coral Eterna Xuventude, Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica de San Valentín, Coral Polifónica O Pote e Rondalla Estrelecer.
19-12-2019

Festival de Nadal da Escola Municipal de Solfexo e Piano e concerto do coro Son Elas, este venres no Concello de Fene

A programación cultural de Nadal deseñada polo Concello continuará este venres 20 de decembro con doble cita musical. Así, ás 17 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Solfexo e Piano ofrecerán o tradicional Concerto de Nadal, con entrada libre e de balde ata completar aforo e, ás 19 horas, pero na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Magalofes, o coro Son Elas protagonizará un concerto cun repertorio moi navideño.
18-12-2019

A Casa da Cultura acolle este xoves o espectáculo As armadanzas, na punta do pé

O salón de actos da Casa da Cultura acollerá este xoves 19 de decembro, ás 18 horas, o espectáculo “As armadanzas, na punta do pé”, pensado para un público familiar e rapaces e rapazas de entre 6 e 11 anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
18-12-2019

Novos horarios na Casa da Cultura de Fene durante a época de Nadal

A Casa da Cultura –Museo do Humor, Biblioteca Municipal e Aula de Estudo- informa de que, a partir deste sábado 21 de decembro, comezará a rexirse polo horario de Nadal. Así, as instalacións permanecerán abertas de luns a venres de 10 a 14,15 horas –o préstamo na Biblioteca pecha 10 minutos antes-. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro e sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura permanecerá pechada. Nesas xornadas, os materiais depositados no buzón de empréstitos constarán como devoltos o último día de apertura da biblioteca.

O horario habitual retomarase o mércores 8 de xaneiro.
17-12-2019

O Concello de Fene abre a inscrición no obradoiro de retrato para mozos e mozas que impartirá Ladislau da Regueira

Ladislau da Regueira será o encargado de impartir o obradoiro de retrato para mozos e mozas que organiza a Concellería de Cultura no marco da programación cultural de Nadal. Celebrarase o venres 27 de decembro na sala de exposición da Casa da Cultura, de 11 a 13 horas, dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos.

A participación é gratuíta, pero as prazas están limitadas a 14, polo que a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou que o Concello vén de abrir o prazo de inscrición na actividade –ata o 23 de decembro no Museo do Humor, presencial ou no teléfono 981 34 24 00, en horario de mañá.