A área de Obras e Servizos reforzou os labores de limpeza e desinfección dos colectores do lixo para axudar a frear a propagación do coronavirus.

A área de Obras e Servizos reforzou os labores de limpeza e desinfección dos colectores do lixo para axudar a frear a propagación do coronavirus.

Estableceuse un lavado diario de colectores, de maneira que se están hixienizando unha media de 100 unidades cada xornada.

Os operarios de Obras e Servicios seguen o protocolo de lavado que consiste na aplicación dun produto deterxente-desengraxante pola parte interior e logo lávanos con auga a presión. Despois vólvese aplicar desinfectante no exterior. Ver vídeo

Recordámosvos que os horarios e as rutas de recollida seguen sendo os habituais, co obxectivo de manter en perfecto estado as vías e os espazos públicos.

Pregámosvos a máxima colaboración para facilitar o traballo do servizo e para manter as illas de colectores nas mellores condicións hixiénicas. Por iso é importante tirar o lixo cerca da hora en que vaia pasar o camión da recollida, asegurarse de que as bolsas van ben pechadas e nunca deixalas na beirarrúa.

Lembramos, por último, que o servizo de recollida de voluminosos está suspendido mentres dure o Estado de Alarma -que se vai prolongar até o 25 de abril- e, polo tanto, non debemos sacar á rúa mobles vellos, electrodomésticos e outros restos que non poidan depositarse nos colectores convencionais.

Colaboremos todas e todos para non converter as rúas nun vertedoiro incontrolado.