Fene activa este xoves a iluminación de Nadal

Fene activa este xoves a iluminación de Nadal

72 arcadas repartidas por todo o Concello, luces en árbores e máis a fachada da casa consistorial contribuirán a xerar ambiente navideño

O Concello de Fene activará, a partir de mañá xoves, a iluminación de Nadal. Alumeado co que se quere contribuír a xerar ese ambiente de luz e cor que acompañan nestas datas, impulsando o seu disfrute a pé de rúa e colaborando coas campañas de comercio e hostalería locais propias nesta época. O alumeado concrétase en 72 arcadas repartidas por todo o termo municipal. A elas se suma a iluminación en árbores emprazados no barrio de San Valentín e máis na praza Verde e, como é tradición, a fachada da casa consistorial. Todo isto, con tecnoloxía LED.