Homenaxe a Ramón Souto González, último alcalde fenés da República

Homenaxe a Ramón Souto González, último alcalde fenés da República

O acto institucional celebrarase este venres 16 de agosto ás 19 horas na praza que leva o seu nome

O Concello de Fene celebrará este venres 16 de agosto, a partir das 19 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na antiga praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.


No acto, aberto á participación de toda a veciñanza, tomarán a palabra o xornalista fenés Ramón Loureiro e o senador ferrolá Julio Barros Casal. O acto pecharase cunha actuación musical.