A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este venres e sábado

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este venres e sábado

Estará diante do centro de saúde de 15,30 a 21 h (venres) e de 10 a 15 h (sábado)

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase esta semana a Fene por partida doble. Diante do centro de saúde permanecerá este venres 21 de xuño de 15,30 a 21 horas e, o sábado 22, no mesmo emprazamento, acudirá de 10 a 15 horas. Nesta liña, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.


A doazón é un acto cómodo, sinxelo e que non perxudica a saúde, permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e mesmo salvar a súa vida. Para doar sangue só é preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue (hepatites B ou C, sífilis ou SIDA). Antes da doazón, un profesional médico do Centro de Transfusión de Galicia verifica o cumprimento destes requisitos, e realiza unha breve entrevista confidencial para descartar calquera aspecto que puidera impedir a doazón. A doazón, que só dura uns cinco minutos e na que o material utilizado é estéril e dun só uso, permite obter 450 ml de sangue que, posteriormente, son divididos en tres compoñentes: plaquetas, plasma e glóbulos vermellos. Os compoñentes sanguíneos adoitan empregarse por separado polo que, cunha única doazón de sangue, o doador colabora coa recuperación de tres enfermos.