A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas durante a Semana Santa

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas durante a Semana Santa

De xoves a domingo, en horario de mañá e de tarde

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas durante esta Semana Santa. O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 19 horas), dende o xoves ata domingo. A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrecerase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva.


Así mesmo, Juan José Franco engade que veciños e visitantes terán nestas instalacións os programas e guías “Vén a Fene”, nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido asociativo. Por último, Juan José Franco apunta que tamén se pon en servizo o seguinte número para consultas: 981 34 40 82.