O Concello dá solución ós anegamentos de auga fronte á Farmacia de Maniños

O Concello dá solución ós anegamentos de auga fronte á Farmacia de Maniños

Investiu 3.300 euros nas obras para nivelar a beirarrúa e repoñer as losetas

Nos días de choiva, os veciños e veciñas de Maniños xa non terán que entrar con botas de auga para acceder á Farmacia nin evitar a beirarrúa da estrada da Palma situada no fronte. O Concello, a través da Concellería de Servizos, vén de concluír os traballos para evitar os anegamentos de auga neste espazo derivados do afundimento da vía.


Así, o Concello investiu 3.300 euros nas obras para nivelar a beirarrúa e proceder á reposición das losetas nun treito. Moitas delas desprendidas ou danadas