A Casa da Cultura acolle este venres o contacontos de Celtia Figueiras Rama

A Casa da Cultura acolle este venres o contacontos de Celtia Figueiras Rama

Con entrada de balde e para un público familiar, comezará ás 12 horas

A narradora Celtia Figueiras Rama ofrecerá ós máis pequenos da casa “As estacións en contos”. Unha sesión organizada pola Concellería de Cultura nesta época de Nadal que terá lugar este venres ás 12 horas, con entrada libre e de balde, na Casa da Cultura.

Trátase dunha divertida e amena sesión de contacontos dirixida ó público infantil para comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.