Aberta a inscrición na XXXIII edición do Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría

Aberta a inscrición na XXXIII edición do Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría

A XXXIII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría” celebrarase o vindeiro 2 de decembro a partir das 10 horas e contará tamén con probas para categorías de menores. Organizada polo Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Fene, Narón e Neda, a inscrición permanecerá aberta na web www.carreirasgalegas.com ata o mércores 28 de novembro ás 23:59 horas. A cuota é de 4 euros e, para as carreiras de menores, gratuítas.


A saída e chegada terá lugar na Praza de España de Ferrol e o percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.097 metros aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Ferrol.
A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo e o percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms. No mesmo, estableceranse controis, así como postos de avituallamento situados nos Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos quilómetros 5, 10, 15 e 20 aproximadamente.


A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo. En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano 2001 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor distancia.